CRTVG

Buscar

O teléfono 016 tamén atenderá os casos de agresión sexual

Publicado o 17/10/2019 21:24

O teléfono de atención ás vítimas da violencia machista atenderá tamén casos de agresións sexuais a partir do ano que vén. A ampliación dos servizos do 016 é un dos asuntos que analizaron o Goberno e as comunidades autónomas na xuntanza da Conferencia Sectorial de Igualdade. Vanse incorporar ao servizo especialistas en violencia sexual. O teléfono funcionará coma sempre, de balde, e sen deixar rastro da chamada na factura.

Noticias web

17/10/2019