CRTVG

Buscar

O surfista ferido cun anzol no pescozo: "Vimos que había un pescador, pero non cremos que nos chegase"

Publicado o 03/09/2019 16:12

Aconteceu na praia do Baleo, en Pantín, cando Juan, monitor dunha escola de surf, estaba collendo unha onda. Foi surfear, pero acabou como nunca pensara: cun anzol cravado no pescozo.

Juan Olaizola, ferido cun anzol no pescozo: "Vimos que había un pescador, pero non cremos que nos chegase. De pronto, noteino no pescozo".

Tratou de sacar el mesmo o anzol, pero foille imposible. Aínda co amocelo no pescozo, trasladárono ao centro de saúde de Cedeira para que llo extraxesen.

Conta tamén que cando saíron do areal intentaron falar co pescador, pero que, en canto lle berrou que el tiña o anzol, fuxiu.




 

Noticias web

03/09/2019