CRTVG

Buscar

O Supremo condena a Echenique por contratación irregular

Publicado o 21/10/2020 07:41

Quen si foi condenado foi Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso, pola contratación irregular do seu asistente persoal.

Echenique  pagará unha sanción de 11.040 euros á Tesourería Xeral da  Seguridade Social. A condena chega despois de que o deputado retirara o recurso presentado ante o Tribunal Supremo pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón.

Así, o Supremo ratifica a sentenza que establece o pagamento da multa e recoñece a existenca dunha relación laboral especial por conta allea entre o empregador, Echenique, e o traballador, sen estar este último dado da alta na Seguridade Social no periodo en que se enmarca a denuncia.

Noticias web

21/10/2020