CRTVG

Buscar

O Supremo avala o cesamento de Puigdemont mediante o 155

Publicado o 23/05/2019 17:28
O Supremo avala o cesamento de Puigdemont mediante o 155

O Tribunal Supremo avalou o cesamento de Carles Puigdemont como presidente da Generalitat en aplicación do artigo 155 da Constitución tras a declaración unilateral de independencia do 27 de outubro de 2017.

A Sala do contencioso-administrativo do Supremo desestimou o recurso exposto por Carles Puigdemont contra o Real Decreto 942/2017 polo que se acordou o seu cesamento, ao considerar que o mesmo foi "conforme a dereito".

A sentenza do Supremo lembra que foi o propio Puigdemont o que deixou de actuar desde "a lóxica e desde as esixencias das súas competencias e da súa posición constitucional, estatutaria e legal e desnaturalizou e desvalorizou o seu status constitucional e estatutario".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019