CRTVG

Buscar

O suicidio segue medrando en España e os expertos piden romper co muro de silencio

Publicado o 22/02/2019 20:13

O suicidio vai en aumento en España, onde preto de 3.700 persoas se quitan a vida cada ano. Policías, psiquiatras e persoas que lograron sobrevivir pediron hoxe no Congreso a elaboración dun programa nacional de prevención do suicidio. 

Os últimos datos coñecidos alertan de que unhas dez persoas se quitan a vida cada día en España. A cifra duplica á das persoas que morren en accidentes de tráfico, pero a diferenza do que acontece nas estradas, o suicidio segue sendo un tabú.

Para acabar con el, policías, psiquiatras e persoas que lograron sobrevivir a un suicidio pediron hoxe no Congreso a elaboracion dun programa nacional de prevención, e romper co muro de silencio que o rodea.

Carmen de la Fuente é nai dunha moza que tentou suicidarse cinco veces e ela tentouno tamén unha vez.

Os expertos aseguran de que ha indicadores claros como o decaemento, a depresión ou o cambio de hábitos os que nos deben poñer en alerta e lembran que o suicida non quere morrer quere simplemente deixar de sufrir.

 

Noticias web

22/02/2019