CRTVG

Buscar

O surafricano Brad Binder fai historia co seu triunfo en Moto GP

Publicado o 09/08/2020 19:30

No Gran Premio de Moto GP da República Checa, o gran triunfador foi o ausente Marc Márquez, porque os seus rivais polo título non estiveron finos. Por distintas circunstancias da carreira, Fabio Quartararo só puido conseguir o sétimo posto; Andrea Dovizioso, o undécimo, e Maverick Viñales, o décimo cuarto. E o triunfo foi para o surafricano Brad Binder, cunha KTM. Toda unha sorpresa, completada pola presenza no podio de Franco Morbidelli e Johann Zarco. Álex Rins, cuarto, foi o mellor español. Entrou por díante de Valentino Rossi.

Noticias web

09/08/2020