CRTVG

Buscar

O Staples Center rende homenaxe a Kobe Bryant

Publicado o 01/02/2020 13:42

"Sempre te recordaremos. Vive eternamente". Así concluía o discurso de Lebron James na homenaxe que o Staples Center e os Lakers lle fixeron a Kobe Bryant. As súas camisetas, a lembranza da súa filla Gigi e dos falecidos no tráxico accidente da pasada fin de semana. Todo, desde os vestiarios ata o quecemento, lembrou a Kobe. O aspecto dos exteriores do Staples impresionaba. Metros e metros de mural con mensaxes e fotos do mito. Lebron James, no seu discurso, recolleu a mensaxe de amor ao baloncesto que trasladara Kobe Bryant en Dear Basketball, a súa oscarizada curtametraxe.

Lebron James "Quero continuar, xunto aos meus compañeiros, con este legado. Non só esta temporada senón as que nos quedan xogando a esta baloncesto que tanto amamos. Así o ía querer Kobe"

O partido foi máis anecdótico que nunca. Gañou Portland cun excelente Lillard pero os de Oregón semellaban pedir excusas pola afrenta nada máis concluiren os 48 minutos.

Noticias web

01/02/2020