CRTVG

Buscar

O sorteo do Euromillón deixa premio no Carballiño

Publicado o 13/01/2020 14:31

Este luns, non é un luns calquera para o gañador do Euromillóns, selado no Carballiño o venres pasado. Un millón de euros é o premio que lle tocou. Selou o boleto nun despacho, situado nun bar do centro da vila, onde aínda non saben quen foi a persoa afortunada.

É a terceira vez en tres meses que o euromillón cae nesta localidade ourensá. En outubro tocara outro millón de euros nun boleto selado no bar Lleida, e en novembro outro millón, selado no restaurante Fuchela.

 

 

 

Noticias web

13/01/2020