CRTVG

Buscar

O sonense Iago López e a viguesa Patricia Suárez acadan praza olímpica

Publicado o 08/12/2019 10:53

O sonense Iago López Marra na clase 49er e a viguesa Patricia Suárez en 49er FX acadaron praza olímpica para a rfev nos Campionatos do Mundo que se están a celebran en Auckland. Iago López, xunto a Diego Botín, remataron na cuarta posición da súa clase a un só punto da terceira e cun final de campionato espectacular, con vitoria incluída na Medal Race. 

En 49er FX Patri Suárez e Nicole van der Velden remataron na posición número 14, con seis regatas nas que remataron entre as dez mellores. Nesta mesma clase a tamén galega Támara Echegoyen non puido acadar un mellor resultado por mor da lesión da súa compañeira de equipo Paula Barceló. 

 
⛵️

gañan a praza para a delegación española de cara aos Xogos Olímpicos de Toquio grazas aos seus resultados no Campionato do Mundo de Nova Zelandia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019