CRTVG

Buscar

O socialista Abel Caballero revalida e incrementa a súa maioría absoluta con 20 edís

Publicado o 27/05/2019 18:03

Cuarto mandato para o socialista Abel Caballero, quen amplíaENTRAN COLAS a súa maioría absoluta con 20 concelleiros, tres máis que nos pasados comicios. Malos resultados para o PP, que baixa de 7 a 4 edís. Marea perde un concelleiro e regresa o BNG, cun edil, ao pleno da corporación despois dunha lexislatura ausente.

Cuarto mandato para o socialista Abel Caballero, que revalida e amplía a súa maioría absoluta. Co 67,6% dos votos, acadou un resultado histórico que, dixo, confirma un modelo político distinto.

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Vigo foi arroupada por un grupo de afiliados que a recibiron entre aplausos e mostras de ánimo. Elena Muñoz recoñeceu os malos resultados.


Elena Muñoz. Candidata do PP á alcaldía de Vigo. "Recoñecemos desde o PP que este non é o resultado que esperabamos nin moito menos, que é un resultado moi malo para nós, que nestos días e nestos anos é evidente que non conseguimos levar as nosas mensaxes nin as nosas propostas aos vigueses e por tanto toca facer balance e autocrítica."

Rubén Pérez, de Marea, valorou o resultado de Vigo no contexto dos obtidos no resto dos espazos de unidade popular. O candidato dixo que os datos seguen o arrastre que tivo a campaña para o PSOE.

Rubén Pérez. Candidato de Marea á alcaldía de Vigo. "Tamén dicimos que Abel Caballero ía dopado a este proceso electoral. As últimas inauguracións son unha das cousas máis demenciais que se viviron na política local. Non todo o mundo pode xogar coa mesma vantaxe, cos recuros públicos que estivo gardando durante a lexislatura para empregalos no último momento. Cremos que haberá que facer unha reflexión nesta cidade sobre a cultura crítica que se quere construir. Cremos que a cidade non gaña en democracia con estes números..."

O regreso do BNG á corporación logo dunha lexislatura ausente é outra das noticias deste proceso electoral. Segundo o cabeza de lista, Xabier Pérez Igrexas, o Bloque é a única forza alternativa ao goberno de Caballero.

Polo tanto, son catro as forzas políticas que conformarán a nova composición do pleno municipal vigués.

Abel Caballero bate o récord de Paco Vázquez en 1991

O incombustible alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, mellorou os seus rexistros de 2015, xa excepcionais, e situou o seu teito en 20 concelleiros nunha corporación de 27, mellorando de paso o récord doutro histórico socialista, Paco Vázquez, que en 1991 obtivo 18 edís na Coruña. Caballero, que foi ministro de Transportes con Felipe González (de 1985 a 1988), acaparou o 67,6% dos votos, polo 52% de fai catro anos, co engadido de que a participación foi maior que entón e pasou a fronteira das 100.000 papeletas.

O éxito irresistible de Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), condena á irrelevancia ao resto de formacións que terán representación na corporación viguesa o próximos catro anos, sobre todo ao PP, que pasa de sete a catro concelleiros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019