CRTVG

Buscar

O exceso de peso cústalle a cada cidadán 265 euros adicionais de impostos ao ano

Publicado o 11/10/2019 14:31

Arredor da metade da poboación española ten exceso de peso, e isto réstalle preto de dous anos e medio de vida. A obesidade supón unha carga aos gastos sanitarios do 9,7%, reduce o PIB nun 2,9% e, para cubrir eses custos, cada cidadán paga 265 euros adicionais de impostos ao ano.

Áurea Casais, nutricionista: "Iso contribúe a un gasto en consultas, farmacoloxía e todo moi asociado a un gasto da Seguridade Social".

Para frear este problema é fundamental previr o exceso de peso desde cativos.

Áurea Casais, nutricionista: "A prevención é moi importante porque un neno que é obeso, é un adolescente obeso e sempre é un adulto obeso".

E ten máis probabilidades de sufrir diabetes, danos cardiovasculares e hepáticos e favorecer o desenvolvemento de varios tipos de cancro. Por iso, os nutricionistas insisten na importancia dunha boa alimentación e lembran que hai opcións económicas e saudables.

Áurea Casais, nutricionista: "Eu teño que dispoñer duns cartos e non podo gastar moito nunha carne ou nun peixe, pero hai outros alimentos que substitúen, por exemplo, os legumes, que son dun custo moi baixo e son moi sans".

Alimentos como os mexillóns, a pota, o marraxo e a froita de tempada son bos para a saúde e non supoñen un gasto excesivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019