CRTVG

Buscar

O sistema de pensións acumula un déficit de 100.000 millóns en 8 anos

Publicado o 26/12/2019 18:05

Cando remate este 2019, o pago das pensións terá consumido arredor de 17.000 millóns de euros máis do que se recada coas cotizacións sociais. É un exceso que se repite desde o inicio da crise e ao que o BBVA vén de poñer cifras: o estado tivo que poñer 101.000 millóns de euros a maiores desde o ano 2011. Ou o que é o mesmo, cada pensionista lle custou 10.000 euros anuais ás arcas públicas.

A entidade lembra que España ten a terceira pensión máis alta da Unión Europea en relación co salario medio. A taxa de natalidade está moi lonxe dos máis de dous fillos precisos para renovar a poboación, e os maiores de 66 anos, que hoxe equivalen ao 30% da poboación activa, serán en 2050 o 62%. Así as cousas, o banco ve tres solucións: subir as cotizacións do actual 28% actual ao 41%, emprender reformas estruturais que aumenten o emprego ou obrigar ao traballador a destinar parte do salario a un plan de pensións.

Noticias web

26/12/2019