CRTVG

Buscar

O símbolo do Xacobeo 2021, nas luces de Nadal de Madrid

Publicado o 26/11/2020 21:39

En Madrid, esta tarde acendeuse a iluminación de Nadal, que encherá de luz as principais prazas e rúas da cidade ata despois de Reis. Entre os elementos novos deste ano destaca unha figura xigante dunha Menina na praza de Colón, e unha bandeira de España de máis dun quilómetro de lonxitude.

Pero nas luces de Madrid hai ademais unha referencia a Galicia. O símbolo do Xacobeo 2021 acendeuse esta tarde na praza do Emperador Carlos V. Formará parte da iluminación de Nadal de Madrid.

Ten 23 metros de longo por 3,3 de alto. Segundo explicou este xoves o alcalde, José Luis Martínez-Almeida, este elemento decorativo é o resultado dun acordo coa Xunta de Galicia, e sinalou que a celebración en 2021 do Ano Santo xacobeo é "unha conmemoración que nos implica non só aos galegos senón por suposto a todos os españois".

Ademais, nos próximos días será instalado un segundo motivo en conmemoración do Xacobeo 2021 na rúa Santiago de Compostela na súa confluencia coa glorieta das Reais Academias, no distrito de Fuencarral-O Pardo.

Noticias web

26/11/2020