CRTVG

Buscar

O servizo eléctrico foi o máis afectado nas provincias de Pontevedra e Coruña

Publicado o 10/11/2018 14:52

As consecuencias deses refachos de vento que sopraron con tanta intensidade e tanta forza podemos aprecialas en toda Galicia. Rexistráronse lufadas superiores aos 140 quilómetros por horas.

No sur do país non foi onde máis soprou, pero si onde máis o están a notar na suministración electrica. Máis de 4.400 fogares espertaron hoxe sen luz. Son veciños de varias parroquias dos concellos das Neves, A Cañiza, Salvaterra e Arbo. Son todos usuarios de Naturgy e os técnicos desta compañía levan traballando desde primeira hora na subestación de Frieira para intentar arranxar a avaría. O servizo foi restablecendose durante a maña no sur de Galicia, pero xurdiron novas avarías na provincia da Coruña. Hai veciños sen luz en Abegondo e a Pobra do Caramiñal.
 

Noticias web

10/11/2018