CRTVG

Buscar

O Sergas vai usar por primeira vez a intelixencia artificial para dignosticar o cancro de mama

Publicado o 16/01/2019 16:35

O SERGAS vai usar por primeira vez a intelixencia artificial para dignosticar o cancro de mama. A Consellería de Sanidade acaba de licitar a contratación pública desta tecnoloxía innovadora.

Así é a Consellería de Sanidade vai destinar 600.000 euros para o desenvolver esta ferramenta innovadora que empregaría a tecnoloxía da intelixencia artificial para analizar as imaxes dixitais das mamografías. E este sistema pioneiro en Galicia permitiría axudar a detectar e dignosticar os casos de cancro de mama, reducindo os falsos positivos e falsos negativos. Na súa validación deste novo sistema van participar os profesionais do Complexo Hospitalario de Ourense.

Esta nova tecnoloxía permitiríalle ao SERGAS analizar e detectar o cancro de mama a partir das mamografías dixitais e outras imaxes de anatomía patolóxica, e axudar así aos profesionais a mellorar a diagnose. Unha ferramenta que empregaría por primeira vez a intelixencia artificial.

Para o desenvolvemento da ferramenta van contar cunha ampla base de datos de imaxes dixitais de casos reais anónimos para que, aplicando as técnicas de intelixencia artificial, poida recoñecer e clasificar o cancro. Na súa validación van participar os profesionais do Complexo Hospitalario de Ourense.

A Consellería de Sanidade vai destinar 600.000 euros á compra pública desta tecnoloxía pioneira en Galicia.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019