CRTVG

Buscar

A espera media cirúrxica en Galicia é de 56,4 días

Publicado o 19/07/2019 15:24

• Rebaixa en tres días e medio o tempo de demora para ser operado 

• É o mellor dato da serie histórica

O Sergas acaba de facer públicos os tempos de espera na sanidade galega. A espera media cirúrxica no primeiro semestre deste ano é de 56,4 días. É o mellor dato de toda a historia. Con esta cifra o Servizo Galego de Saúde rebaixa en tres días e medio o tempo de demora para ser operado na sanidade pública. Se temos en conta os últimos cinco anos, o tempo medio de espera reduciuse en case 30 días. Galicia sitúase como unha das comunidades cos mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde.

No que respecta ás primeiras consultas, o tempo medio de espera mantense por debaixo dos 38 días e nas probas de diagnose segue por debaixo dos 60 días. No que atinxe ás vías rápidas, todos os pacientes foron atendidos antes de seis días. Actualmente están implantadas as vías rápidas para cancro de mama, colon, pulmón, próstata, vexiga, cabeza e colo, melanoma e hematolóxico.

Preto de 66.000 persoas beneficiáronse da entrada en vigor do decreto de tempos máximos, sendo todos atendidos en centros sanitarios do Sergas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019