CRTVG

Buscar

O Sergas e os sindicatos asinan o aumento de 308 prazas na Atención Primaria

Publicado o 03/05/2019 20:32

O incremento de 308 prazas na Atención Primaria conta co apoio de catro dos seis sindicatos presentes na mesa sectorial extraordinaria. Os dous sindicatos que se descolgan alegan que son insuficientes. Para o Sergas este acordo demostra que a Consellería de Sanidade continúa cumprindo os compromisos aos que chegou cos sindicatos hai un mes e que posibilitaron a suspensión da folga na Atención Primaria.

Di o Servizo Galego de Saúde que o obxectivo desde aumento de prazas é diminuír o número de pacientes por profesional. Dos 308 novos postos de traballo, Enfermería con 130 e Medicina Familiar con 80 son as especialidades con máis prazas. Seguidas de Fisioterapia, Pediatría e Matrona.


Estas prazas aínda teñen que ser convocadas, as que xa teñen data e hora son as da OPE de enfermería de 2018. Serán o doce deste mes. Preto de nove mil persoas aspirarán a unha das 830 prazas

Os candidatos apuran estes días as horas de estudo e os repasos nas academias. Para esta OPE de Enfermería hai aproximadamente unha praza por cada dez aspirantes.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019