CRTVG

Buscar

O Sergas comprométese a convocar de forma inmediata 500 prazas na Atención Primaria

Publicado o 26/04/2019 19:21
O Sergas comprométese a convocar de forma inmediata 500 prazas na Atención Primaria

O Consello técnico de atención primaria constituirase na primeira quincena de maio. Así o acordaron o Sergas e os sindicatos na mesa sectorial da sanidade. A Consellería destinará tres millóns e medio de euros durante este ano a aumentar o persoal naqueles centros de saúde que requiran accións inmediatas. Tamén se comprometeu a realizar unha convocatoria inmediata con máis de 500 prazas en categorías de atención primaria. Sumando todas as especialidades, convocaranse case 1500 prazas na sanidade pública galega.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019