CRTVG

Buscar

O Sergas amplía a máis de 32.000 persoas o cribado de antíxenos de Vigo "pola baixa participación"

Publicado o 02/02/2021 12:37
O Sergas amplía a máis de 32.000 persoas o cribado de antíxenos de Vigo "pola baixa participación"

O Sergas decidiu ampliar a 32.000 o número de persoas que convidará a participar nun cribado masivo a partir do venres no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) tanto da cidade como nas localidades veciñas de Salvaterra de Miño e de Ponteareas.

En principio estaban chamados 22.000 residentes de Vigo, pero dada a "baixa participación" rexistrada na tarde deste luns, un 56 % dos citados, e "a constatación da capacidade" do operativo para asumir máis poboación, a Consellería de Sanidade incrementou a poboación diana deste rastrexo de contaxios por coronavirus.

En total, convidarase á proba uns 27.000 residentes de Vigo, 2.400 de Salvaterra e 3.000 de Ponteareas. Pola mañá, o Sergas informou da detección de once positivos por coronavirus no cribado masivo con tests de antíxenos tras a participación de 8.499 persoas, un 61,4 % dos citados esta fin de semana.

Noticias web

02/02/2021