CRTVG

Buscar

O Sergas admite que vacinou por erro 17 informáticos na área sanitaria de Pontevedra

Publicado o 22/01/2021 08:37

E aquí, en Galicia, o Sergas admite que vacinou por erro dezasete informáticos que non eran persoal prioritario. Foi na área sanitaria de Pontevedra.

O xerente explica que na listaxe que elaboraron, con máis de 2.500 profesionais que traballan na primeira liña contra a covid-19, incluíron por erro estes 17 informáticos de diferentes centros de saúde. Engade que representan o 0,6 % da listaxe e asegura que os que quedan pendentes recibirán a vacina en canto cheguen máis doses.

Noticias web

22/01/2021