CRTVG

Buscar

O SEPE advirte dun calote por SMS aos traballadores afectados polos ERTE

Publicado o 27/03/2020 20:54


Millleiros de españois están afectados por un expediente de regulamento temporal de emprego na súa empresa a consecuencia do estado de alarma polo coronavirus. Na súa conta de twitter o SEPE advirte que se algún traballador recibe un SMS comunicándolle un ERTE na súa empresa e pídelle un número de conta bancaria para facilitar información, non conteste. O Servizo Púbico de Emprego afirma así que se trata dunha fraude. Os sindicatos, entre eles a UXT e Comisións Obreiras, tamén denunciaron este calote e informan que os traballadores afectados polos ERTE non teñen que lle enviar a ninguén o seu número de conta bancaria para cobrar a prestación.

 "Son as empresas as encargadas de transmitir todos os nosos datos ao SEPE para a xestión das prestacións. Desde Comisións Obreiras queremos advertir que este tipo de mensaxes pedindo o número de conta, forman parte dun calote, dunha estafa", dice Lucía Trenor, de CC OO.

A policía Nacional tamén alertou aos cidadáns desta nova fraude que se aproveita do estado de alarma polo covid-19.

Noticias web

27/03/2020