CRTVG

Buscar

O segundo "impeachment" contra Trump comezará a inicios de febreiro

Publicado o 23/01/2021 01:36
O segundo "impeachment" contra Trump comezará a inicios de febreiro

Donald Trump

O segundo xuízo político contra o expresidente dos Estados Unidos Donald Trump comezará a semana do 8 de febreiro. Está acusado de incitar á insurrección co asalto ao Capitolio o 6 de xaneiro. Un acto en que faleceron cinco persoas. As acusacións para o xuízo político enviaranse ao Congreso este vindeiro luns. O martes comezarán as cuestións de procedemento e os preparativos para realizalo.


Este será o segundo impeachment contra Trump, que superou o primeiro a comezos do ano pasado polas súas presións a Ucraína. Aínda que o proceso non pode xa rematar coa destitución de Trump, os demócratas confían en que quede inhabilitado para ocupar cargos políticos no futuro.