CRTVG

Buscar

O segundo Foro A Toxa analizará a recuperación tras a pandemia

Publicado o 22/09/2020 15:48

A covid tamén vai deixar pegada na segunda edición do Foro A Toxa. O debate sobre o seu impacto nos sistemas sanitarios e as polílticas de reconstrución económica e social centrarán os relatorios.
O presidente do Foro A Toxa, Josep Piqué, dixo que esta crise non é conxuntural e que o proceso de recuperación vai ser "longo e duradeiro". 

As mesas de debate tamén abordarán o teletraballo e a importantica de acadar consensos políticos para superar a pandemia. Amancio López, presidente do grupo Hotusa, apelou á unidade de Europa para conseguilo. 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, clausurará o encontro, no que tamén participarán, entre outros, os ex-presidentes Felipe González e Mariano Rajoy e o alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores Josep Borrell.

Noticias web

22/09/2020