CRTVG

Buscar

O sector turístico calcula perdas de 350 millóns pola cancelación das viaxes do Imserso

Publicado o 23/09/2020 15:08

A fin de semana pasada marcaba tradicionalmente o inicio das vendas de viaxes do Imserso. Pero esta imaxe é unha de tantas que borrou a pandemia. Despois de varios meses de suspensión, o Goberno dá por cancelada a tempada de turismo do Imserso, un programa do que se beneficiaron o ano pasado un millón de maiores, entre eles uns 235.000 galegos.

O executivo di que sería unha insensatez manter as viaxes, e os xerontólogos consideran a medida razoable. Pero o sector turístico cualifícaa de mala noticia. Din que pon en risco uns 90.000 empregos, e que pode supor perdas de 350 millóns de euros.

Os hostaleiros advirten de que esta cancelación agrava a situación do sector. En agosto houbo 16 millóns de pernoitas en hoteis, isto é, un 65 por cento menos das rexistradas o ano anterior.

Noticias web

23/09/2020