CRTVG

Buscar

O sector téxtil lidera as exportacións galegas a México

Publicado o 23/09/2019 18:13

O Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, acolleu hoxe a xornada México-Galicia: Visións compartidas, organizada por Roberto Verino. Unha xornada en que participou o conselleiro de Economía. Francisco Conde dixo que inciativas coma esta representan unha  oportunidade para que as empresas galegas sigan internacionalizándose e promocionando os seus produtos no exterior.  Conde dixo ademais que México é un dos principais motores das exportacións galegas, e que o 32% dese país corresponde ao sector téxtil con empresas como Adolfo Domínguez ou Roberto Verino. 

"Imos seguir traballando, apoiando o sector produtivo. Nesta semana resolveremos unha nova orde de axudar para favorecer 330 proxectos a desenvolver en 53 países por parte de pequenas e medianas empresas galegas cun investimento de máis de 7 millóns e medio de euros. Son 330 novas oportunidades para que o noso sector produtivo siga internacionalizándose", dixo o concelleiro de Economia, Francisco Conde. 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019