CRTVG

Buscar

O sector téxtil comeza a sufrir as consecuencias da crise do coronavirus

Publicado o 27/02/2020 15:32

O sector turístico é dos que está a ter un maior impacto económico polo coronavirus, con cancelacións de voos e reservas hoteleiras. Hai preocupación pola campaña de Semana Santa. Tamén o téxtil comeza a sufrir polo bloqueo das exportacións na China, especialmente o que se nutre de materia no país asiático. 

Alberto Rocha, secretario xeral do Clúster do Téxtil galego: "As que teñen máis a produción de proximidade, que é o caso das empresas de Galicia, teñen menos problemas. Pero aquelas cadeas de baixo custo que toda a súa produción está na China, xa están dando problemas de abastecemento e de subministración para as súas tendas e puntos de venda para este verán e pode haber un problema serio para a próxima temporada de inverno".

Incerteza nos mercados

O coronavirus sementa a incerteza nos mercados, con perdas nas principais bolsas europeas. O IBEX retrocede preto dun dous por cento. É a quinta caída nas últimas seis xornadas. Os valores ligados ao turismo seguen sendo dos máis afectados. 

Noticias web

27/02/2020