CRTVG

Buscar

O sector pirotécnico reivindica o seu uso en reunións familiares

Publicado o 29/07/2020 21:12

Non hai festa que non teña as súas bombas de palenque e os seus fogos artificiais. A pandemia causou a cancelación de moitos eventos e a xente bota de menos os espectáculos pirotécnicos.

Segundo o sector pirotécnico, este ano facturarán un 90% menos tras a cancelación das festas e propón que nas celebracións familiares e sen aglomeracións empreguen artículos pirotécnicos, sempre cumprindo coas normas establecidas.

Outra medida pensada para os clientes é a elaboración de lotes de produtos deseñados para nenos e familias, así como as fontes ou baterías. O sector considera que, polas distancias de uso, poden ser produtos que se adapten ben á situación actual.

Noticias web

29/07/2020