O sector pesqueiro galego, pendente da negociación das cotas en Bruxelas
Publicado o 16/12/2019 14:58
O sector pesqueiro galego está pendente hoxe e mañá de Bruxelas, onde os ministros de Pesca dos 28 deciden canto van poder pescar a diferentes frotas comunitarias.
A proposta inicial non invita ao optimismo, porque a Comisión Europea apunta a un recorte significativo nas cotas de especies clave para Galicia: un 20% na pescada e ata un 48 por cento no xurelo.
O ministro de Agricultura e Pesca e a conselleira do Mar acoden á reunión con informes científicos e técnicos que permitan reverter eses recortes, xustificados na sostibilidade.
Os armadores galegos confían nas negociacións da Xunta e do Goberno central, e defenden que se están a facer os deberes en materia de sustentabilidade.
Máis sobre actualidade
26/02/2021 12:21