CRTVG

Buscar

O sector hoteleiro reinvéntase ofrecendo alugueiros de 600 euros ao mes

Publicado o 10/11/2020 15:30

sector hoteleiro é, sen dúbida, un dos máis afectados polas consecuencias económicas da  pandemia. Non hai máis alternativa que pechar ou reinventarse.

Este último é o camiño que escolleu a cadea Alda na Coruña, que ofrece alugueiros mensusais e mesmo de 15 días para profesionais ou sanitarios que teñan que instalarse temporalmente nalgunha das cidades nas que se asenta.

Non hai fianzas, nin facturas. Por 600 euros ao mes o cliente pode contar con todos os servizos dispoñibles no hotel.

Nun ano ordinario estarariamos barallando as previsión de ocupación para a ponte da Constitución. Neste 2020 as cadeas hoteleiras falan dun 1% de reservas para esas datas.

A clave para sobrevivir, din, está en poder manter as portas abertas aínda que para conseguilo sexa necesario reorientar un negocio que volverá renacer.

Noticias web

10/11/2020