CRTVG

Buscar

O sector dos transportistas oponse ás compensacións ás autoestradas polo descenso de usuarios

Publicado o 26/03/2020 14:59

Xa hai malestar entre distintos sectores despois de coñecer a decisión do Goberno central de compensar as autoestradas pola súa baixada de ingresos durante o tempo que dure esta crise.

Unha palabra define hoxe o sentir de moitos transportistas e autónomos polo feito de que o Goberno central vaia compensar as concesionarias de autoestradas que debido ás restricións de mobilidade impostas polo estado de alarma recaden menos nas peaxes.

"Faime sentir impotente vendo como se espolian as comunidades, autónomos, pemes, sufragando a única vía que vertebra esta comunidade", di Antonio Señarís, presidente de Cetran.

Critican que outros sectores non conten con este mesmo nivel de protección.

"Vendo o que estamos vendo, non parece lóxico estar aproveitando a situación para sacar un beneficio ou rendemento a longo praz", asegura Rafael Granados, presidente de ATA-Galicia.

E máis aínda, reprochan a súa falta de solidariedade. "Un xigante sen compaixón, que só pensa en como engordar máis as contas de resultados", afirma Antonio Señarís.

E por iso seguen insistindo no levantamento de barreiras para minimizar o impacto que está a causar esta crise nas súas economías.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020