CRTVG

Buscar

O sector do mar pide quedar exento do cumprimento da lei de horarios

Publicado o 20/05/2019 14:51

Como se aplica a lei de rexistro horario cando o teu lugar de traballo é tamén o teu lugar de descanso? Iso é o que se preguntan dende o sector pesqueiro.

Normalmente, os traballadores do mar embarcan a unha hora pero non empezan a traballar ata que chegan ao caladoiro, se a isto lle engadimos que as xornadas son distintas dependendo dos tipos de pesquería e que o tempo condiciona as horas de traballo e de descanso, a demanda da Asociación de armadores de buques pesqueiros de Galicia de quedar exentos do cumprimento da lei semella lóxica.

A guía publicada polo Goberno recomenda o control horario na mariña mercante pero non aclara se debe aplicarse tamén aos barcos de pesca, de aí que pedisen unha aclaración formal ao Ministerio de Traballo. Mentres non chega esa aclaración, os armadores rexistran as xornadas de descanso dos mariñeiros nestas follas, as mesmas que emprega a mariña mercante.

Noticias web

20/05/2019