CRTVG

Buscar

O sector do cámping pide que se regulen ás autocaravanas

Publicado o 20/08/2019 14:35

O auxe do turismo de autocaravanas na costa galega está a xerar polémica entre os propietarios destes vehículos e os dos cámpings. Uns e outros ven necesaria unha lei que atenda as demandas dos dous colectivos.

Varias autocaravanas van, veñen e instálanse na praia da Frouxeira, en Valdoviño. Non son as decenas que din haber as fins de semana. A poucos metros, cámpings coma estes conviven con elas no medio da polémica. Unha polémica que fai abir o debate co aumento deste tipo de turismo en Galicia nos últimos anos.

A ausencia dunha lei que limite a súa actividade fai que arestora os autocaravanistas teñan dereito a estacionar e a pernoitar ao igual que calquera outro vehículo, sempre e cando non despreguen elementos móbiles, non vertan fluídos nin emitan ruído. Poden aparcar, pero non acampar. No que si que coinciden ambos os dous colectivos é na necesidade dunha normativa.

Na actualidade hai un borrador onde se contempla a creación de áreas privadas específicas de autocaravanas, á espera de ser aprobado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019