CRTVG

Buscar

O sector da pirotecnia propón espectáculos sen aglomeracións para salvar a campaña

Publicado o 13/05/2020 13:10

Será dificil que esta escena se repita durante o verán. A actividade pirotécnica non está suspendida, pero si limitadas as grandes aglomeracións.

Pablo Abellón, Asesor xurídico da Asociación Galega de Industriais Pirotécnicos, explica que o máximo que se permite agora para actividades ao aire libre son 800 persoas, sentadas e debidamente separadas. Polo que iso, di, para as berbenas non é o mellor. Por iso o sector proponlleS aos concellos realizar espectáculos sen aglomeracións, que se poidan ver mesmo dende as casas. 

Din que as perdas pola pandemia chegan xusto cando moitas pirotecnias están en plenas obras de reforma, para adaptarse ás normas de seguridade que lles impón o último regulamento.

Pablo Abellón explica que a crise do coronavirus colleu a moitas empresas en plenas obras, que de media supoñen uns 50.000 euros de gasto extra por taller.

Tamén piden a prolongación dos ERTE máis alá do estado de alarma e reivindican que se recoñeza o carácter cultural e artesán do sector.

Noticias web

13/05/2020