CRTVG

Buscar

O sector anticapitalista de Podemos avalía non asistir a Vistalegre III

Publicado o 08/02/2020 10:07

O sector anticapitalista de Podemos cuestiónase non participar en Vistalegre III e abre a porta a abandonar o partido morado. Os anticapitalistas, a corrente máis á esquerda de Podemos, liderada pola líder morada en Andaludía, Teresa Rodríguez, e o eurodeputado Miguel Urbán, decidirán a semana que vén se participan na terceira asemblea da formación.

Fontes da corrente citadas por Europa Press din que nos debates internos das últimas semanas hai unha maioría clara a prol de non acudir. Sería o paso previo a decidir, a finais dese mesmo mes, abandonar o partido liderado por Pablo Iglesias. Unha posible nova escisión que deixaría a Iglesias sen rivais internos.

Noticias web

08/02/2020