CRTVG

Buscar

O Santander pecha hoxe outras 164 oficinas

Publicado o 04/10/2019 20:05
O Santander pecha hoxe outras 164 oficinas

O Banco Santander pechou hoxe outras 164 oficinas dentro do ERE pactado cos sindicatos e que prevé a clausura dun millar de sucursais. Galicia é a comunidade que pecha máis oficinas entre setembro e outubro. Serán un total de 94. O axuste inclúe tamén un recorte de persoal que lles afectará a 3.000 empregados. Segundo os sindicatos, ata o de agora xa abandonaron o banco un total de 1.080, a maioría son de Madrid e Sevilla. Nas provincias da Coruña, Barcelona e Valencia saíron medio cento de traballadores en cada unha.