CRTVG

Buscar

O Sanse non foi rival para un Coruxo moi superior que gañou por 2-0

Publicado o 05/01/2020 14:34

A xornada da Segunda B so deixou unha boa noticia para os galegos, a vitoria do Coruxo diante do Sanse no Vao. Os de Míchel impuxéronse por dous a cero, e foi un resultado curto para os méritos durante o partido. Abriu o marcador Añón cando só se disputaran tres minutos. E Álex Ares anotou o tanto da tranquilidade a pouco menos de vinte para a conclusión. Con este resultado, o Coruxo pecha a primeira volta por diante do Rácing, e a cinco puntos dos postos de play off.

Noticias web

05/01/2020