CRTVG

Buscar

O San Froilán 2019 inclúe máis de 200 actos

Publicado o 27/09/2019 13:35

Só falta unha semana para que comecen as festas do San Froilán, as máis importantes de cantas se celebran no outono en todo o país. A véspera, o día 3, xa estarán funcionando as barracas do recinto feiral e as casetas do polbo abrirán as súas portas ao público. 

Nacho Carballeira, xerente dunha caseta do polbo: "E así que a xente poida gozar, sen dúbida, do mellor polbo que se poida tomar no mundo". "Para min é o máis importante de todo o San Froilán, vir coa familia e estar xuntos comento o polbo".

O primeiro concerto será o de Sés, ao que seguirán nos días seguintes outros artistas galegos coma o dúo Cómplices, bandas como Def con Dos e cantantes de sona internacional como Dulce Pontes, Jay Jay Johansson ou Don Patricio.

"Un que si que sei que vai vir é Def con Dos, con César Strawberry". "E o concerto de Don Patricio, que agora mesmo está moi de moda entre os meus amigos e imos ir todos xuntos velo".

Entre os máis de 200 actos programados, as patronais luguesas teñen tamén espazo para os máis pequenos no San Froilán Miúdo, que comezará co concerto de Peter Punk.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019