CRTVG

Buscar

O salón Xantar permite degustar gastronomía mundial sen saír de Ourense

Publicado o 08/02/2020 17:38

Viaxar polo mundo a través da bebida e a comida é posible en Ourense. Ata este domingo podemos facelo en Xantar, o salón internacional do turismo gastronómico.

Desde o mércores Ourense acolle unha nova edición de Xantar, o Salón Internacional do Turismo Gastronómico. En ExpoOurense ofrécennos unha chea de experiencias culinarias... ata 150 diferentes. Obradoiros da man de chefs recoñecidos, catas de viños, cociña sostible, ou encontros de profesionais. Un xeito de facer turismo gastronómico. Se queren viaxar polo mundo a través da comida e da bebida, Xantar dá esa posibilidade.

Noticias web

08/02/2020