CRTVG

Buscar

O Salón Viñetas do Atlántico enche de personaxes de cómic as rúas da Coruña

Publicado o 05/08/2019 20:29

A cidade da Coruña acolle desde hoxe o Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

Spiderman, Mortadelo e Filemón, Batman... Os personaxes da banda deseñada volven tomar as rúas da Coruña. Comeza o Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que, 22 anos despois, segue a levantar expectación entre lectores e visitantes.

Haberá exposicións, encontros con autores e, un ano máis, a feira de editores en que participan editoriais de toda España.

Guillermo Morales, graffito Editorial: "Antes, hai tempo, lías cousas raras ou superheroes, agora mesmo tes historias de todo tipo, con autores incribles".

Moitos pasarán pola Coruña, entre eles, nomes de sona como o catalán Albert Monteys ou a británica Isabel Greenberg, e tamén autores alternativos da banda deseñada.

Viñetas desde o Atlántico está pensado para sorprender o lector de banda deseñada e tamén a todo aquel que visita estes días A Coruña.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019