CRTVG

Buscar

O Rosal cultiva aguacates ecolóxicos

Publicado o 15/04/2020 21:24

Moitos chámanlle o 'ouro verde'. Estes emprendedores do Baixo Miño viron vir ese auxe no mercado, e plantaron os primeiros aguacates en 2015. Hoxe están en plena produción.

É saboroso, é saudable e véndese ben. O interese por este cultivo estendeuse, e vai aumentando a superficie en produción na comarca.

É unha alternativa para que as terras agrarias non se abandonen. Buscando outras producións viables e rendibles tamén plantaron maceiras do país para sidra, e agora comezan a procesar unha pequena parte aquí.

Son froitos que xeran valor e emprego aquí e, ao tratarse de cultivos ecolóxicos e de produción local, son alternativas tamén respectuosas co medio natural.

Noticias web

15/04/2020