CRTVG

Buscar

O River Plate gaña a Libertadores por 3-1 no Bernabeu

Publicado o 10/12/2018 09:12

Había medo pero, finalmente, festa dos seguidores do River na Porta do Sol para celebrar a vitoria dos seus, nun ambiente festivo e sen que os fieis do Boca puidesen asomar pola praza. Ambas afeccións estiveron en todo momento custodiadas pola policía nun dispositivo sen precedentes, pero que deu resultado. A final da Copa Libertadores foi, por fin, unha festa do fútbol, en que o River levantou a copa moi lonxe dos seus. A distancia non foi impedimento para que milleiros de arxentinos se botasen á rúa, ao pé do Obelisco. Acabamos de ver o ambiente que se creou en Madrid e en todo o mudo arredor da final da Copa Libertadores.

Un partido único, unha final da Copa Libertadores diferente polo escenario, por todo o que arrastrou desde atrás e que despois de tres suspensións e dos incidentes de Bos Ares, por fin, xa ten un campión.

Este era o intre en que River Plate recibía a Copa Libertadores sobre o céspede do Santiago Bernabeu. Poncio e o Muñeco Gallardo alzaban o título máis desexado do fútbol suramericano.
A final cumpriu coas expectativas. A primeira metade Boca estivo mellor e adiantouse con este gol de Benedetto.

River Plate reaccionou na segunda metade. Logo desta acción trenzada, Lucas Pratto empataba a eliminatoria. Minuto 68.

O partido foi á prórroga e aí, a lesión de Gago e a expulsión de Barrios foron demasiado lastre para Boca. Quintero facía o 2 a 1 para River con este lategazo.

E con Boca entregado na área de River para tentar forzar os penaltis, chegou o terceiro dos millonarios. Pity Martínez percorreu en solitario o campo de Boca para facer o definitivo 3 a 1. Festa rachada en River e profunda decepción en Boca Juniors. River Plate é o novo campión da Copa Libertadores.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2018

Máis sobre deportes

Pontellas 0 - 2 Compostela
15/12/2019 22:18
Choco 6 - 1 Alondras
15/12/2019 22:17
Arousa 2 - 1 Barco
15/12/2019 22:16
Ourense CF 1 - 0 Arenteiro
15/12/2019 22:16
Estradense 2 - 1 Somozas
15/12/2019 22:16