CRTVG

Buscar

O Ribeiro e Ourense volven rexistrar as máximas de España, con ata 37 graos

Publicado o 28/05/2020 20:28

Nova xornada de calor abafante a que se viviu hoxe en case toda Galicia. Ribadavia, con 37 graos, marcou a máxima de España; seguida de Ourense, que estivo por riba dos 36 e medio. Calor tamén na costa, que non chegou a estes valores, pero que rexistrou máximas por riba dos 30 graos. Temperaturas que encheron os areais de bañistas.

Camisa en man e buscando a sombra, así podiamos ver algún ourensán esta tarde. Con máis de 36 graos e medio á sombra sobra todo...

Mellor na casa, con todo pechado, e na compaña dun ventilador ou aparello de aire acondicionado.

Segundo o responsable dunha tenda de electrodomésticos, venderon entre un 40 e un 50 por cento máis que a semana pasada.

Fóra compre non esquecer a botella de auga e algo co que protexerse do sol.

Choiva tamén houbo, sobre todo na zona do Xurés, onde as treboadas deixaron case dez litros por metros cadrado, pedra e raios. En todo o interior de Galicia rexistráronse arredor duns 500.

A calor abafante estendeuse por todo a bacía do Miño. Ribadavia chegou aos 37 graos, segundo AEMET, a temperatura máis alta de toda España. Mañá xa non hai aviso amarelo, baixarán algo as temperaturas, pero só un par de graos.

Noticias web

28/05/2020