CRTVG

Buscar

O Ribeiro celebra as súa feira do viño con brindes compartidos de xeito virtual

Publicado o 03/05/2020 14:04

O Ribeiro, a denominación de orixe máis antiga de Galicia, celebra esta fin de semana a súa feira do viño... pero faino de xeito virtual. Unha celebración que coincide coa decisión dos colleiteiros de xuntárense para comercializar os seus caldos e facerlle fronte así á crise xerada polo coronavirus.

Jorge é un dos preto de 70 colleiteiros cos que conta a Denominación de Orixe Ribeiro. Pequenos produtores que vendía o seu viño fundamentalmente a restaurantes. Co seu peche teñen as adegas cheas.

Queren distribuir o seu produto a través das principais cadeas de supermercados baixo unha mesma marca, o que, xunto coa venda online, lles axudaría a eliminar o stock co que contan antes de que se lle bote enriba a vindeira vendima. Esta fin de semana terían que estar vendendo e dando a coñecer o seu produto na Feira do Viño do Ribeiro pero o coronavirus tampouco o permitiu presencialmente ainda que a celebración trasladouse ás redes.

Brindes compartidos dende a distancia, dende ese outro lado da valado que marca o confinamento, brindes cargados de boas novas... e toda aquelas que están por vir... é a 57 edición da Feira do Ribeiro.

Noticias web

03/05/2020