O Ribadumia soña con pasar a eliminatoria de Copa e enfrontarse a un 'primeira'
Publicado o 11/11/2020 16:38
Hai quen soña por Ribadumia cun partido de Copa en decembro ante o Celta, unha eliminatoria que sería, sexa ou non o Celta, ante un equipo da Primeira, agás os liberados Real Madrid, Barcelona, Athletic e Real Sociedade.
Ver neste un campo un equipo da Primeira pasa por gañar hoxe en Cantabria ante o Miengo.
E pasar sería meterse no bombo da primeira rolda da Copa a partido único a mediados de decembro. Pero antes esta noite o Ribadumia terá que superar a un equipo da rexional preferente cántabra que leva varias semanas coa liga paralizada.
Lembremos este gol. Esa vitoria ante o Viveiro converteeste 11 de novembro nun día histórico para o Ribadumia: é a primeira vez que sae das fronteiras galegas para competir nun encontro oficial.