CRTVG

Buscar

O Rexenera Fest deixa cinco murais novos en Carballo

Publicado o 27/07/2020 23:12

Son as últimas creacións que converten a vila nun auténtico museo ao aire libre con máis de 80 pezas. Con retranca, creatividade ou estoupidos de cor. Carballo incorpora cinco novas creacións murais nas fachadas da súa vila. Ano a ano van ampliando este auténtico museo na rúa que conta cunha grande aceptación entre os veciños.

Os grandes murais que quedan en Carballo tras cada Rexenera Fest atraen turistas á vila.

"É xerar un recurso turístico que está tan demando para visitar este museo, onde xa temos 84 murais, cos que a xente está atopando unha vila acolledora, fácil de andar e con sorpresas segundo avanzas rúa a rúa con estas obras de arte".

Os murais acaban tamén co feísmo e converten Carballo nun lugar máis agradable para os seus habitantes.

Noticias web

27/07/2020