CRTVG

Buscar

Todas as forzas parlamentarias galegas doan parte do soldo

Publicado o 06/04/2020 19:20

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, tamén anunciou que vai doar á loita contra o coronavirus a metade dos seus ingresos desde o inicio do estado de alarma. Tamén os deputados do BNG van ceder parte da súa nómina a proxectos de investigación relacionados coa COVID-19. Os cinco parlamentarios do Grupo Común da Esquera presentaron na mesa do Parlamento un escrito pedindo cobrar unicamente o salario base mentres dure a actual crise.

Noticias web

06/04/2020