CRTVG

Buscar

O Reino Unido veta os voos procedentes de Portugal por temor a unha nova variante da covid-19 no Brasil

Publicado o 14/01/2021 19:42

Suspendéronse xa todas as chegadas desde O Brasil e todos os países limítrofes previstas para esta madrugada. Unha prohibición que se estende a Portugal e Cabo Verde polos seus estreitos vínculos co Brasil.

Foi unha decisión adoptada de forma urxente polo gabinete de Boris Johnson, que se reuniu este mediodía ante as evidencias dunha nova variante da covid-19 no Brasil. Descoñécese, porén, se é máis infecciosa ou se ten resistencia ás vacinas actuais. O veto exclúe os cidadáns británicos ou residentes nas illas e os transportistas de bens esenciais procedentes de Portugal.


 

Noticias web

14/01/2021