CRTVG

Buscar

O Reino Unido vai a eleccións co 'brexit' sen resolver

Publicado o 30/10/2019 08:36

Finalmente, o Reino Unido celebrará eleccións o próximo doce de decembro, e coa crise do brexit aínda sen resolver. Tras a luz verde desde Bruxelas a unha nova prórroga flexible para deixar Europa, os laboristas accederon finalmente á convocatoria electoral. A datas das eleccións foi aprobada esta noite pasada no Parlamento por unha abrumadora maioría. 

A toda máquina, as rotativas dos xornais que está mañá informan os británicos de que hai eleccións. Serán en decembro, o día doce. E xa hai portadas nos tabloides co primeiro ministro retratado como Santa Claus dando conta do líder da oposición, convertido en pavo. No formato saba, análises máis sisudas sobre a fin da indecisión dos laboristas.

Despois de lamentar o que considera o obstrucionismo do Parlamento, Johnson anunciaba uns comicios que irrompen no medio dun debate longo, árido e complexo, que ten a boa parte do país sumido nun enorme cansazo intelectual. As eleccións chegan co brexit e coa dúbida existencial dos laboristas sen resolver. Esperan, desta vez, lograr introducir no debate os recortes e a depauperación dos servizos públicos: "A pobreza infantil ou os traballadores aos que o salario non lles chega para quedar fóra da miseria", dixo Corbyn, nun intento de cambo de terzo.

Johnson parte como favorito, pero achicado, despois de ter que regurxitar as declaracións en que afirmara preferir verse enterrado nunha gabia antes que atrasar o brexit. A outro dos actores principais deste conto de nunca acabar, o speaker do Parlamento, pídenlle seguir no reparto ata que pasen as eleccións, mentres xa hai nove persoas postuladas como substitutas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019