CRTVG

Buscar

O Reino Unido rexistra 1.243 novas mortes, a segunda cifra máis alta en toda a pandemia

Publicado o 12/01/2021 19:58

Os datos son demoledores. No Reino Unido, unha de cada 50 persoas está infectada do novo coronavirus. En Londres, unha de cada 20. A nova cepa non só disparou os contaxios, tamén a mortaldade. O pasado venres, por exemplo, rexistráronse máis de 1.300 falecidos en 24 horas, algo nunca visto desde que empezou a crise. Esta situación non só ten os hospitais desbordados, tamén comezan a aflorar depósitos de cadáveres improvisados nos arredores da capital.

Ante este panorama, o Goberno ten as suas esperanzas postas no plan de vacinación. Segundo detallou o Secretario de Estado de Saúde prevén ter vacinados en abril os maiores de 50 anos.

Noticias web

12/01/2021