CRTVG

Buscar

O Reino Unido entra en recesión tras caer o PIB un 20,4% entre abril e xuño

Publicado o 12/08/2020 08:45
O Reino Unido entra en recesión tras caer o PIB un 20,4% entre abril e xuño

O Reino Unido entrou oficialmente hoxe en recesión, por primeira vez en máis de dez anos, tras caer o produto interior bruto (PIB) o 20,4 % entre abril e xuño, o segundo trimestre consecutivo de contracción, segundo as cifras oficiais.

A Oficina Nacional de Estatísticas (ONS) indicou que todos os sectores da economía británica sufriron unha caída debido ao impacto polas medidas de confinamento dispostas polo Goberno para conter a propagación da COVID-19.